Zona Interactiva

Acariño Games

Estudio galego que presenta XERME, unha experiencia inmersiva cunha narrativa fascinante sobre evolución, colaboración e destino.

Ao Norte

Equipo de desenvolvemento asentado en Compostela. Presenta o videoxogo de dados, disparos e roguelike: Die or Die. Lanza, morre, repite.

Cartucho Dixital

Podcast sobre videoxogos que amosará no Píxel á Feira unha exposición retro.

ChusChus Games

Estudio galego que amosa tres proxectos: Spells & Spices, Toupi e o seu día de merda e Candil, combinando humor e fantasía.

Conxuro Studio

Grupo de estudantes do Mestrado en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da Universidade da Coruña que está a desenvolver o seu propio videoxogo para o Traballo de Fin de Mestrado, Neboa’s Hut.

Devmo Games

Presenta The Pet Squad, un xogo de estratexia e quebracabezas en 2D con estética pixel-art, inspirado principalmente en Lemmings.

GESpacecraft

Equipo indie de dúas persoas. Chegan con dous xogos: Endless Space Scrap, supervivencia desde vista cenital; e Survival Supplies Factoy, un clicker de xestión e supervivencia.

Hórreo Games

Estudo galego que presenta Shabby Ring, un xogo multixogador de loitas party inspirado en programas de loita libre.

Michiños Fofiños

Estudo de videoxogos galego que une artes visuais e xogabilidade, presenta Cartas á Lúa, unha novela visual epistolar sobre unha pirata que se estrela na cara oculta da Lúa, onde habita, atrapada, unha princesa.

Ninguen Estudio

Presenta Dimension L, un RPG de estratexia en liña por quendas no que as e os xogadores se internan nunha dimensión temporal alternativa. Neste universo, coñecido como a Dimensión L, os dinosauros nunca se extinguiron e evolucionaron, desenvolvendo poderes elementais.

O Demo Game JAM

Presentación da game jam en galego.

Placebo Pleasure

Estudantes do Grao de Creación Dixital, Animación e Videoxogos da Universidade da Coruña que presentan Songs of Sorrow, un xogo que combina ritmo, bullet hell, narrativa e exploración dun pub de rock.

Rapoucado

En Garden Gnomes Invasion deberás protexer as túas flores dos gnomos de xardín dos teus veciños, quenes se queren facer con elas. En Quenllas poderás cumprir o soño de moitos: acariciar tiburóns. Sen correr ningún risco nen precisar de ningún tipo de adestramento.

Stone River Games

Chega con Killerdisk, un xogo competitivo para 2 xogadores herdeiro do PONG!. É a estrea do xogo nun evento.

True Encore

Cinco estudantes do mestrado de videoxogos da UDC en Ferrol que presentan Splash on Contact, un xogo no que tes que protexer a Splinter chocando con inimigos.

Under Castle

Estudio galego formado por catro persoas. Presentan o plataformas kawai "Gelatina tiene hambre", e o simulador de excusas “Sara llega tarde”.

Universidade da Coruña

Demostración de demos de videxogos desenvolvidas polo alumnado. Estarán presentes os xogos Renegade Jammer e Purgatory Hoops

Videoxogo.gal

Videoxogo.gal é unha asociación sen ánimo de lucro que nace como espazo de encontro, visibilización e interconexión de tódolos profesionais e empresas creadores de videoxogos e contidos interactivos de Galicia.

Virtual Seed

Estudio indie saído do mestrado de videoxogos da UDC en Ferrol. After Juice: Animal Disco Mafia é o seu xogo, unha aventura máxica ambientada en Furrol e cunha desaparición que levará a indagar os peores locais da noite.

Widijou

O estudio galego presenta Golpes e Broucazos, xogo no que unha panda de monicreques bóuranse entre eles empregando todo tipo de técnicas estúpidas, nun videoxogo de loita 2D que mistura conceptos de varios clásicos.

Zeta Works

Presenta a demo de Clara&Yema, un xogo de estilo survivors/roguelike no que defendes un ovo de vagas de inimigos.