Organizado pola canle de YouTube Lilium, este divertido trivial pon a proba os teus coñecementos sobre videoxogos… e sobre a súa relación con Galicia! Un quiz aberto a todo o público, desde as persoas máis tryhards ata quen queira vir aprender e pasalo ben.
Descubre como os videoxogos se achegan á nosa cultura e territorio —e prepárate, porque tamén haberá premios! Non esquezas traer o móbil cargado para participar.