O mellor Tetris do planeta xogarase no Píxel á Feira da man de Retro Cabeza. Desde o Tetris Clásico á versión do Tetris Effect Connected en Playstation 4.
Non precisa inscrición: pasa pola Zona Torneos o sábado pola mañá, xoga, e rexistra a túa puntuación! Se a túa puntuación está entre as 12 mellores, disputa o torneo desde as 16.15 da tarde!
Fatal Fury: City of the Wolves
Sábado: 11h
Terry Bogart e compañía abren o cuadrilátero do Píxel á Feira co seu último xogo saído este ano nun torneo de dobre eliminación. O torneo xogarase en Steam Deck e Playstation 4.
inscrición anticipada: vía web ou no posto de Zona Torneos.
Chega o Sonic orixinal de Mega Drive cunha reviravolta para este torneo no Píxel á Feira. Xogarase a versión de Sega Ages de Nintendo Switch, iso quere dicir que estarán presentes movementos como o Spin Dash e o Drop Dash para gañar uns segundos extra.
Non precisa inscrición: Pasa pola Zona torneos o sábado antes das 13h e sé quen máis rápido pasa o Acto 1 de Green Hill Zone. Quenes marquen os 8 mellores tempos competirán desde as 13h na final.
Magic: The Gathering
Sábado: 11h-14h | 16h-19h
Aproveitando a chegada de personaxes do mundo do videoxogo como Final Fantasy ao universo de Magic: The Gathering celebramos este torneo con formato moderno con ata 24 prazas. Premios para quen gañe e sorteos para participantes!
inscrición anticipada: vía web ou no posto de Zona Torneos.
Un dos clásicos da loita 3D chega o sábado pola tarde para ver quen consegue o título de puño de ferro no Píxel á Feira neste torneo de dobre eliminación. A competición xogarase en Steam Deck e Playstation 5.
inscrición anticipada: vía web ou no posto de Zona Torneos.
A sexta edición do xogo que popularizou o xénero de loita chega con todo o seu “flow” e arte urbano. Este torneo disputarase en Steam Deck e PS4 a dobre eliminación.
inscrición anticipada: vía web ou no posto de Zona Torneos.
Colle o Frisbee e ponte a competir nesta versión revitaminizada do Pong. Xogarase a versión de PS4, con torneo a dobre eliminatoria
inscrición presencial: no posto de información do Píxel á Feira.
Daytona USA
Domingo: 12:45h *Zona Mercado
Torneo inédito no país, con 8 máquinas de recreativas de Daytona USA agardando á persoa máis hábil no Píxel á Feira aos pedais destes bólidos que revolucionaron os arcades no ano 1993.
inscrición presencial: no posto de información do Píxel á Feira.
Así de avanzados imos, que faremos un torneo deste xogo de Widijou con estética “feito a man” que aínda non saíu.
inscrición presencial: no posto de información do Píxel á Feira.
Guilty Gear Strive
Domingo: 16h
Pechamos o cuadrilátero desta edición do Píxel á Feira con outro dos grandes representantes do xénero de loita. Desta vez xogarase en Steam Deck e PS4 cunha eliminatoria dobre.
inscrición anticipada: vía web ou no posto de Zona Torneos.