Videoxogos na música mainstream con Filloas

Nos últimos anos é máis habitual escoitar aos artistas falar abertamente dos seus videoxogos favoritos ou a que están viciados ultimamente. Pero houbo un tempo no que calquera relación co mundo friki era un tabú no mundo da música pop. Nesta charla Filloas abordará este cambio de paradigma: que xéneros de música actuais utilizan os videoxogos na sua estética, letras e producións e como el mesmo mistura estes dous mundos na sua obra.

Filloas, Iago Galego é un artista músical de hyperpop en galego ubicado en Compostela. Baixo o alcume de Filloas, escribe letras nas que os videoxogos, referencias á cultura pop e os memes se misturan coa cotidianidade, a saúde mental e as problemáticas da nosa xeración. Conta cun bo recoñecemento dentro da escena emerxente galega, destacando a participación en salas de toda Galicia e grandes Festivais, incluíndo o Emigrason, Festival de la Luz, Nachiños Fest ou o Revenidas.