Hai que escoller entre traballar no audiovisual ou nos videoxogos? Ou é posible estar en ambos mundos? O noso pasar é unha serie de proxectos transmedia que combina ambos eidos: primeiro coa docuficción A nosa natureza (sobre medio ambiente e inmigración) e agora co videoxogo A nosa fantasía, centrado no patrimonio e o turismo, e cunha ollada especial ao Camiño de Santiago.
Na charla participarán parte do equipo que desenvolve o videoxogo e o seu creador, Roberto Alvite, nun espazo aberto a preguntas e reflexións do público.
Sobre Roberto Alvite: diplomado en Educación Social pola Universidade da Coruña, compaxina o seu traballo como actor coa produción executiva, guión e dirección en Melgo Cinema, produtora coruñesa coa que impulsa proxectos de carácter social en distintos formatos e xéneros. Entre os seus títulos destacan a novela visual romántica Ti Primeiro e o falso documental As tres outras vidas de María Santiso.