Podcast en directo: Recuncho Gamer Podcast

Recuncho Gamer Podcast é o programa semanal gravado co público do Twitch no que a partir de un tema de calquera natureza (cine, natureza, San Valentín…) lévano ao terreo dos videoxogos para falar de xogos, mecánicas ou fases relacionadas con ese tema. Nesta edición especial no Píxel á Feira participarán Ángela Triana, Sara Gurdiel, Jon Amil e Rita Calvo co tema “A primeira vez”: Interactuarán co público do Píxel á Feira para saber cal foi o seu primeiro contacto con videoxogos, esa primeira vez máxica cun xogo ou que título desexaría volver descubrir por primeira vez.