Podcast en directo: Exército Mekemeke

O Exército Mekemeke é un programa presentado por Carlos Vieito, co obxectivo de promover a ligua e cultura galega no ámbito máis novo da sociedade, sendo o primeiro videopodcast en ser publicado semanalmente, integramente en galego, nas plataformas de vídeo e podcast. O programa gañador a mellor canle de Youtube nos premios Youtubeiras+ e primeiro podcast en galego en chegar aos Premios Ondas chega agora a Píxel á Feira para falar, por suposto, de videoxogos e dalguna cousa máis que promete non deixar a ninguén indiferente -ou sen rir!-.