As máquinas recreativas contarán cun espazo moi especial cunha máquina do Daytona USA do ano 93 con ata 8 xogadores simultáneos. Unha experiencia obrigatoria para os amantes dos videoxogos retro que chega da man de Mikado Game Center Europe para coñecer e xogar con recreativas xaponesas que son todo un icono dos anos noventa. Unha das experiencias arcade máis inmersivas que contará con clásicos recoñecibles da historia do videoxogo de desenvolvedoras coma Capcom, SEGA ou Taito.
O Daytona USA collerá ainda maior protagonismo o domingo ás 12.15h (Zona Mercado) cun torneo aberto ao público para dirimir quen é a persoa que mellor conduce entre as asistentes ao Píxel á Feira.