I Certame de videoxogos en galego Deputación da Coruña

Píxel á Feira acollerá a entrega do I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña, que recoñecerá a calidade e innovación de proxectos creados ou traducidos ao galego. 

O certame ten como obxectivo apoiar e visibilizar os videoxogos en lingua galega. O xurado seleccionará os proxectos candidatos sen convocatoria previa, sempre que sexan orixinais, de autoría propia, publicados a partir do 1 de setembro de 2024 e dispoñibles en galego, con versión xogable e uso dunha linguaxe inclusiva e con perspectiva de xénero. Outorgaranse catro trofeos sen dotación económica: a Mellor videoxogo, Mellor narrativa, Mellor apartado artístico e Mellores mecánicas e xogabilidade. Para a súa valoración, o xurado terá en conta criterios como a calidade xeral da proposta, o apartado artístico e sonoro, o rendemento técnico e a xogabilidade, a experiencia de usuario e a orixinalidade e innovación das obras

XURADO

EVA FARTO:

Eva Farto, galega de nacemento, programadora de profesión e xogadora por afección. Podcaster habitual en “Rejugando”, divulgadora de contido de videoxogos en redes, relatora habitual nos derradeiros “RetroBarcelona”, gañadora do premio Mellor Podcaster Feminina de 2024 pola asociación do Podgaming.

RAMÓN MÉNDEZ:

Ramón Méndez é docente do departamento de Traducción e Lingüística da Universidade de Vigo, onde imparte docencia en grao, posgrao e doutoramento. Leva vinculado á industria do videoxogo dende o ano 2003, onde traballou como periodista para diversos medios, intérprete de diversas compañías e localizador de videoxogos, ámbito no que participou na localización ao castelán ou ao galego de máis dun milleiro de producións. Tamén leva publicadas mais dunha ducia de monografías sobre a industria do videoxogo, así como un grande número de publicacións académicas. En total, acumula máis de 40 premios e nominacións polo seu labor nos ámbitos docente, periodístico e localizador.

ISI CANO

Doutora en Investigación en Arte Contemporáneo pola Universidade do País Vasco, con mención Cum Laude pola súa tese sobre o uso de videoxogos en aulas de Primaria para aprender as vangardas artísticas do século XX. É membro de FemDevs, coordina os talleres Girls Make Games en España e exerce como profesora de desenvolvemento de videoxogos, deseño multimedia e robótica. Creadora do proxecto Baba is Cool, finalista nos Thinky Awards, combina a docencia co deseño UX e a ilustración.