A directora de desenvolvemento en EA SPORTS, Concepción González Agulla, con máis de quince anos de traxectoria na industria do videoxogo, presenta o seu libro Game Jams: guía para sacarles el máximo provecho e compartirá consellos e experiencias sobre como estas xuntanzas creativas poden funcionar como motor da industria galega do videoxogo, ademais de seren unha ferramenta clave para o crecemento profesional e a aprendizaxe individual.