O Museo do Videoxogo de Galicia estará en Píxel á Feira co seu proxecto “O Videoxogo Galego”; pasado, presente e futuro da nosa industria cultural. Unha exposición interactiva que incluirá unha reflexión profunda arredor do propio concepto: qué é o videoxogo galego?
O MUVI foi o primeiro museo de videoxogos aberto en España o 2 de febreiro de 2019, e simultaneamente o primeiro axente do sector en Galicia en iniciar baixo a denominación de “O Videoxogo Galego” un proxecto divulgativo específico de catalogación, preservación e difusión da historia desta industria creativa. Isto abrangue o recoñecemento de fitos, autores e outras manifestacións artísticas, e o estudo do seu impacto como fenómeno cultural e patrimonial.
Exposición permanente na Zona Interactiva