Encontro ‘Videoxogos na educación’

Cada vez son máis as aulas que incorporan o videoxogo como ferramenta de aprendizaxe e creatividade. Neste encontro, dúas investigadoras e profesoras especializadas analizarán como o xogo pode favorecer o pensamento crítico, a inclusión e o interese pola cultura, partindo de experiencias reais en centros educativos e proxectos innovadores que empregan a linguaxe do videoxogo para educar, inspirar e transformar.

Isi Cano
Doutora en Investigación en Arte Contemporáneo pola Universidade do País Vasco, con mención Cum Laude pola súa tese sobre o uso de videoxogos en aulas de Primaria para aprender as vangardas artísticas do século XX. É membro de FemDevs, coordina os talleres Girls Make Games en España e exerce como profesora de desenvolvemento de videoxogos, deseño multimedia e robótica. Creadora do proxecto Baba is Cool, finalista nos Thinky Awards, combina a docencia co deseño UX e a ilustración.

Paula Rodríguez
Doutora en Equidade e Innovación en Educación pola Universidade de Vigo, onde tamén se graduou en Educación Social e cursou o máster en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos. A súa investigación céntrase no aprendizaxe baseado no xogo, a gamificación, a alfabetización dixital e a inclusión educativa. Actualmente é profesora na Universitat de les Illes Balears.