O talento galego tamén ten nome propio na creación dixital. Este encontro reunirá tres perfís de referencia do desenvolvemento de videoxogos que amosarán distintas formas de entender e vivir o oficio: desde o traballo independente ata a produción internacional e a investigación artística. Un espazo para coñecer proxectos feitos desde Galicia, reflexións sobre o futuro do sector e as posibilidades dun selo galego recoñecible dentro da industria.
Víctor Justo
Desenvolvedor indie que exemplifica o espírito creador e a autoxestión no mundo do videoxogo. En solitario, conseguiu lanzar títulos que chamaron a atención da comunidade gamer pola súa calidade e personalidade. A súa capacidade para combinar distintas disciplinas e a súa constancia fixérono un referente do talento independente galego.
Violeta Moldes
Investigadora predoctoral do grupo MEDIUM no Departamento de Comunicación da Universitat Pompeu Fabra, traballa como artista 2D na industria indie desde 2021 con estudos como Chibig, Fictiorama e Undercoders. Forma parte do colectivo artístico Resistència Videolúdica e da Coordinadora Sindical do Videoxogo (CSVI), promovendo unha mirada crítica e social dentro do sector.
Víctor Fernández
Deseñador de videoxogos con máis de 11 anos de experiencia, pasou por compañías como Axes In Motion e Tequila Works, e actualmente é Senior Systems Designer en Grip Studios (República Checa). Compaxina o seu labor profesional coa divulgación sobre deseño e desenvolvemento de videoxogos na súa canle de YouTube VictorDevelops, onde analiza os segredos e a trastienda da industria.
Sara Cubelos
Arquitecta e deseñadora de videoxogos cunha traxectoria que combina a arquitectura e o deseño dixital. Titulada na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. En 2017, decidiu orientar a súa carreira cara a industria dos videoxogos. Desde 2021, forma parte de CI Games, contribuíndo ao deseño de escenarios de Lords of the Fallen.. Actualmente, está traballando no desenvolvemento de Lords of the Fallen 2.