SEGA, unha das compañías máis importantes nos videoxogos fai 65 anos. Da man do divulgador Marc Rollán descubriremos cales son os fitos desta empresa xaponesa que revolucionaron o mundo do videoxogo e que deu lugar á primeira “guerra de consolas”.
Marc Rollán, “El Funs” é un enxeñeiro e desenvolvedor barcelonés e un dos podcasters máis veteranos da escena da Península. Presentou e colaborou en espazos galardonados como Game Over, Tú no has tenido infancia, Gamers Ocupados ou El Octavo Pasajero. Actualmente escribe en revistas como 3D Juegos e Games Tribune e é autor dos libros “Play Historia: Los 50 videojuegos que cambiaron el mundo” e “Memento SEGA”.