Tiaviolí Gaming é o alter ego dixital de Sebastià Pou, músico profesional con máis de 30 anos de traxectoria na Orquestra Sinfónica das Illas Baleares. No ámbito dos videoxogos é coñecido por superar retos extremos e creativos co seu violín, como xogar a Dark Souls con este instrumento como mando ou combinar un violín e un dancepad para controlar dúas partidas á vez. O proxecto chega por primeira vez a Galicia cun concerto único em directo, que combina música, videoxogos e cultura dixital, nun formato visual e sonoro que xa conquistou ao público de eventos como a TwitchCon en Rotterdam ou GamePolis en Málaga.