Obradoiro dirixido á mocidade para descubrir o mundo do desenvolvemento de videoxogos a través das Game Jams, encontros creativos nos que se crea un xogo nun tempo limitado. A actividade céntrase no uso exclusivo de software libre, facilitando que calquera persoa poida desenvolver os seus propios videoxogos sen barreiras económicas nin técnicas.
*Recoméndase acudir cun portátil e facer inscrición previa (máis información nas redes de O Demo Game Jam ou no posto de información na feira)