Como chegar

Podes chegar ao Pazo de Congresos de Santiago en bus ou tren dende as principais cidades galegas. Desde A Coruña e Vigo hai conexións frecuentes tanto en tren como en autobús, e desde Lugo, Ourense ou Pontevedra tamén atoparás varias opcións diarias.

Unha vez en Santiago, o Pazo está a uns 10 minutos da estación intermodal e podes coller os buses urbanos liña 6 ou liña 6A, que paran xusto ao carón do recinto.