Trivial: Galiza e videoxogos

Organizado pola canle de YouTube Lilium, este divertido trivial pon a proba os teus coñecementos sobre videoxogos… e sobre a súa relación con Galicia! Un quiz aberto a todo o público, desde as persoas máis tryhards ata quen queira vir aprender e pasalo ben.Descubre como os videoxogos se achegan á nosa cultura e territorio —e […]

Máis alá do píxel: Shadows of the Afterland

Queres coñecer o proceso de creación dunha aventura gráfica? Da man de Aruma Studios e do seu videoxogo Shadows of the Afterland, explorarase paso a paso como se desenvolve este tipo de proxectos, desde a idea inicial ata o resultado final, combinando narrativa, deseño e programación para dar vida a un universo propio.

‘Como participar nunha Game Jam usando só software libre’ con O Demo Game Jam

Obradoiro dirixido á mocidade para descubrir o mundo do desenvolvemento de videoxogos a través das Game Jams, encontros creativos nos que se crea un xogo nun tempo limitado. A actividade céntrase no uso exclusivo de software libre, facilitando que calquera persoa poida desenvolver os seus propios videoxogos sen barreiras económicas nin técnicas. *Recoméndase acudir cun […]

Xuntanza Godoteira

Un encontro aberto para persoas entusiastas do motor de videoxogos Godot, no que tamén participarán membros de Godoteires, asociación cultural que promove a creación de videoxogos por pracer, experimentación e expresión artística. Un espazo perfecto para compartir coñecementos, proxectos e experiencias coa comunidade godoteira galega.

‘Desenvolvemento con Godot e C#: librarías Chicken Soft Games’

Actividade presentada por Manuel Álvarez, enxeñeiro industrial e profesional freelance especializado en automatización, software e Industria 4.0. Nesta sesión dará a coñecer o uso das librarías creadas por ChickenSoft Games, centradas no motor Godot e na linguaxe C#. A proposta está dirixida principalmente a persoas desenvolvedoras de software interesadas en ampliar as súas ferramentas técnicas.

‘Game Jams, guía para sacarlles o máximo partido’ con Concepción González

A directora de desenvolvemento en EA SPORTS, Concepción González Agulla, con máis de quince anos de traxectoria na industria do videoxogo, presenta o seu libro Game Jams: guía para sacarles el máximo provecho e compartirá consellos e experiencias sobre como estas xuntanzas creativas poden funcionar como motor da industria galega do videoxogo, ademais de seren […]

Introdución á creación de Visual Novels con Tomotoad

Actividade impartida por Tomotoad na que se abordará que é unha Visual Novel, a súa versatilidade e accesibilidade como medio, e como iniciarse no seu desenvolvemento. A sesión tratará conceptos básicos de escritura e deseño narrativo, programación e creación de assets.

Lost Weapons, creación dun mundo

Presentación e exposición do proxecto en desenvolvemento Lost Weapons, unha proposta persoal de worldbuilding que combina personaxes, contornos e unha historia orixinal. O proxecto, que xa se presentara na Expotaku de novembro de 2024, chega agora a Píxel á Feira con novos contidos e material ampliado.