I Certame de videoxogos en galego Deputación da Coruña
Píxel á Feira acollerá a entrega do I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña, que recoñecerá a calidade e innovación de proxectos creados ou traducidos ao galego. O certame ten como obxectivo apoiar e visibilizar os videoxogos en lingua galega. O xurado seleccionará os proxectos candidatos sen convocatoria previa, sempre que sexan […]
Encontro: “Arte & Historia nos Assassin’s Creed” con El Barroquista
O historiador e divulgador Miguel Ángel Cajigal Vera, coñecido como El Barroquista, participará en Píxel á Feira cun encontro para falar sobre a relación entre a saga Assassin’s Creed e a historia real, explorando desde a súa ollada de experto como o videoxogo recrea contextos, personaxes e cidades históricas con gran rigor artístico. El Barroquista […]
Podcast en directo: Recuncho Gamer Podcast
Recuncho Gamer Podcast é o programa semanal gravado co público do Twitch no que a partir de un tema de calquera natureza (cine, natureza, San Valentín…) lévano ao terreo dos videoxogos para falar de xogos, mecánicas ou fases relacionadas con ese tema. Nesta edición especial no Píxel á Feira participarán Ángela Triana, Sara Gurdiel, Jon […]
Concerto de Tiaviolí Gaming
Tiaviolí Gaming é o alter ego dixital de Sebastià Pou, músico profesional con máis de 30 anos de traxectoria na Orquestra Sinfónica das Illas Baleares. No ámbito dos videoxogos é coñecido por superar retos extremos e creativos co seu violín, como xogar a Dark Souls con este instrumento como mando ou combinar un violín e […]
Encontro: ‘SEGA fíxoo antes’
SEGA, unha das compañías máis importantes nos videoxogos fai 65 anos. Da man do divulgador Marc Rollán descubriremos cales son os fitos desta empresa xaponesa que revolucionaron o mundo do videoxogo e que deu lugar á primeira “guerra de consolas”. Marc Rollán, “El Funs” é un enxeñeiro e desenvolvedor barcelonés e un dos podcasters máis […]
Encontro ‘Tradución e localización nos videoxogos. E o galego?’
A tradución e a localización son pezas fundamentais na creación de videoxogos, determinando como os xogadores e xogadoras de diferentes culturas viven unha mesma historia. Neste encontro, dous profesionais galegos con ampla traxectoria reflexionarán sobre o papel da lingua galega na industria, os desafíos da adaptación lingüística e cultural, e as oportunidades que se abren […]