Show “Gamesong. Trivial Musical”

Gamesong é o Trivial musical definitivo que vén de contar con edicións en Madrid ou no BCN Game Fest. O peche perfecto para comprobar quen é a persoa do público con máis coñecementos músico-videoxogueiros. Chegará da man de Xabi Pérez del Val e Eva Farto.

Show Impro Gamer con Reinas Malas

En Impro Gamer o escenario convértese nun auténtico videoxogo en directo. Este show de improvisación teatral é unha aventura que muda en cada partida: pode ser un RPG, unha aventura gráfica… ou algo completamente inesperado. Porque aquí o público ten o mando, decidindo o rumbo dunha historia chea de humor, fantasía e imprevistos na que […]

Podcast en directo: Exército Mekemeke

O Exército Mekemeke é un programa presentado por Carlos Vieito, co obxectivo de promover a ligua e cultura galega no ámbito máis novo da sociedade, sendo o primeiro videopodcast en ser publicado semanalmente, integramente en galego, nas plataformas de vídeo e podcast. O programa gañador a mellor canle de Youtube nos premios Youtubeiras+ e primeiro […]

Encontro ‘Modelando Galiza’

A paisaxe e arquitectura galega tamén aparece representada nos videoxogos, un dos culpables é Andrés Armesto, modelador 3D responsable de que no videoxogo Cities: Skylines aparezan edificios emblemáticos como a Casa do Concello de Ourense, o Pazo de Raxoi de Santiago ou a Catedral de Lugo. Coñeceremos máis sobre este proceso e reflexionaremos sobre a […]

Encontro ‘Selo galego do videoxogo’

O talento galego tamén ten nome propio na creación dixital. Este encontro reunirá tres perfís de referencia do desenvolvemento de videoxogos que amosarán distintas formas de entender e vivir o oficio: desde o traballo independente ata a produción internacional e a investigación artística. Un espazo para coñecer proxectos feitos desde Galicia, reflexións sobre o futuro […]

Encontro ‘Videoxogos na educación’

Cada vez son máis as aulas que incorporan o videoxogo como ferramenta de aprendizaxe e creatividade. Neste encontro, dúas investigadoras e profesoras especializadas analizarán como o xogo pode favorecer o pensamento crítico, a inclusión e o interese pola cultura, partindo de experiencias reais en centros educativos e proxectos innovadores que empregan a linguaxe do videoxogo […]