Torneo Golpes y Porrazos

Torneo do videoxogo galego de Widijou “Golpes y Porrazos” con ata 16 participantes. Videoxogo con estética “feito a man”. Inscrición presencial no posto de información do Píxel á Feira.

Atlantic Games Conference

“Presentación de Atlantic Games Conference, un evento profesional de charlas e networking orientado ao sector do desenvolvemento de videoxogos que se celebra en Carballo

Gaming: non é un xogo, é moi serio.

Presentación da man da asociación Ocionautas na que se falará dos videoxogos como ferramenta de integración social e adquisición de habilidades transversais.

Videoxogos na música mainstream con Filloas

Nos últimos anos é máis habitual escoitar aos artistas falar abertamente dos seus videoxogos favoritos ou a que están viciados ultimamente. Pero houbo un tempo no que calquera relación co mundo friki era un tabú no mundo da música pop. Nesta charla Filloas abordará este cambio de paradigma: que xéneros de música actuais utilizan os […]

Show “Gamesong. Trivial Musical”

Gamesong é o Trivial musical definitivo que vén de contar con edicións en Madrid ou no BCN Game Fest. O peche perfecto para comprobar quen é a persoa do público con máis coñecementos músico-videoxogueiros. Chegará da man de Xabi Pérez del Val e Eva Farto.

Show Impro Gamer con Reinas Malas

En Impro Gamer o escenario convértese nun auténtico videoxogo en directo. Este show de improvisación teatral é unha aventura que muda en cada partida: pode ser un RPG, unha aventura gráfica… ou algo completamente inesperado. Porque aquí o público ten o mando, decidindo o rumbo dunha historia chea de humor, fantasía e imprevistos na que […]

Podcast en directo: Exército Mekemeke

O Exército Mekemeke é un programa presentado por Carlos Vieito, co obxectivo de promover a ligua e cultura galega no ámbito máis novo da sociedade, sendo o primeiro videopodcast en ser publicado semanalmente, integramente en galego, nas plataformas de vídeo e podcast. O programa gañador a mellor canle de Youtube nos premios Youtubeiras+ e primeiro […]

Encontro ‘Modelando Galiza’

A paisaxe e arquitectura galega tamén aparece representada nos videoxogos, un dos culpables é Andrés Armesto, modelador 3D responsable de que no videoxogo Cities: Skylines aparezan edificios emblemáticos como a Casa do Concello de Ourense, o Pazo de Raxoi de Santiago ou a Catedral de Lugo. Coñeceremos máis sobre este proceso e reflexionaremos sobre a […]